Cabanas e Moeche son máis efectivos

Cabanas e Moeche son máis efectivos
05 de Outubro, 2026 - 10:10 h. | Publicada por Radio Fene

Xuventude de Cabanas e Moeche encabezan a clasificación da Primeira Fase da Terceira Futgal en Ferrolterra. Levan catro vitorias tras catro xornadas disputadas. “Son máis efectivos cara a portería contraria” indica o técnico do Maniños B Manuel López.

ESCOITA O PODCAST:

Preme aqui para escoitar ao técnico do Maniños B Manuel López:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/051026LOPEZ.mp3

Fotografia Xan Xe

Estrela A Solaina 4 Maniños B 3. O Maniños B remontou un 2-0 e chegou a poñerse 2-3 pero ao final A Solaina quedouse cos tres puntos. O Maníños B protagonizou un encontro tolo no campo de Rioseco en Narón, no que logrou remontar un 2-0 adverso ata poñerse 2-3, aínda que finalmente os locais remontaron para acadar o 4-3 definitivo e os tres puntos en xogo. O técnico do filial do Maniños, Manuel López sinalou a falta de control absoluto durante o choque e a fraxilidade psicolóxica do equipo como os principais aspectos a mellorar nas vindeiras semanas: "Hai que mentalizarse que o partido chega ata o pitido final, non podemos virnos abaixo por recibir un gol en contra, nen crer que todo está gañado tras poñerse por diante no marcador" destaca López.

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora