Cabanas e Pontedeume protestan polas caravanas na ponte

Cabanas e Pontedeume protestan polas caravanas na ponte

30 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Queremos que rematen as caravanas na ponte do Eume”. Esta é o sentir dos veciños de Pondedeume e Cabanas e a mensaxe da que se fai eco o BNG que é quen convoca esta tarde duas concentracións, unha a cada lado da ponte que une os dous municipios. Os obxectivos son dous: conseguir que o Ministerio de Fomento execute unha conexión coa AP-9 á altura do polígono de Vidreiro e outro, a eliminación da peaxe na autopista.As concentració

Despois de máis de 10 anos de funcionamento da AP-9 os veciños-as ainda teñen que aguantar retencións de tránsito de máis dunha hora en Cabanas e Pontedeume porque a conexión coa AP-9 neste punto non é a máis idónea, ao pé da ponte que se convirte nun auténtico funil.

A parroquia de Andrade, e particularmente o poligono do Vidreiro, semella ser o lugar idóneo para a conexión coa autoestrada. Os nacionalistas levaron mocións neste sentido aos plenos municipais. En Pontedeume foi ratificada por unanimidade de toda a corporación. As concentracións a ambos lados da ponte faránse ás 8 desta tarde.  Esta mañán no local comarcal do BNG presentaron a campaña; a deputada no Parlamento Galego Ana Luisa Bouza, o voceiro do BNG no concello de Pontedeume, Manuel Rei Romeu, e o de Cabanas, Xosé Manuel Pérez Sardiña.

Sociedade