ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Regulamento de Participación Cidadá, elaborado polo Concello de Ferrol e entidades sociais da cidade darase a coñecer á cidadanía mañá mércores. Un documento que regula as formas de participación das veciñas e veciños de Ferrol na xestión e control das políticas públicas municipais. Os actos de difusión do documento iniciaranse mañá mércores nos barrios da Magdalena, Ferrol Vello e
Para difundir o documento organizaranse dous percorridos de cabezóns portados polos veciños e veciñas de diversos barrios ata confluír no Cantón de Molíns. No primeiro participará a Asociación Cultural A Revolta de Trasancos. Partirá ás seis e media da tarde do local social da Asociación Veciñal de Esteiro e dirixirase ao Cantón pasando pola rúa San Amaro, praza do Callao, Rúa Lugo, Galiano e Praza de Armas.
O segundo itinerario iniciarase, á mesma hora, no local da AVV Ferrol Vello, pasando por San Francisco, praza de Amboaxe e Real. Xa no Cantón, haberá unha actuación do grupo de teatro Ghazafelhos, que presentará o seu espectáculo “Contos para escagarriñarse”.
A representación que ofrecerán, responde ao lema da formación: “a rúa é inmensa e nela chegas a máis xente”. Nel o público convírtese en protagonista ao interactuar cos membros da formación teatral.
O Concelleiro de participación Cidadá, Manuel Santiago, anunciou ademais que o acto central de presentación do Regulamento de Participación Cidadá, será este sábado, 23 de xaneiro, no Teatro Jofre, ás oito e media do serán.