Cabeza, corpo e alma

Cabeza, corpo e alma

14 de Decembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío perdeu pola mínima co Galicia de Caranza. Unha mágoa que non durase un pouco máis o encontro porquer a remontada sería completa. Chegouse 3-1 ao descanso e o Perlío con 10 xogadores dende o mínuto 19 de partido cando lle expulsaron o central. A segunda parte foi do Perlio , cando “o equipo puxo cabeza, corpo e alma” según as palabras do técnico Matías García.

Matías García non se explicaba esta mañá a actuación do árbitro que sacou "un montón de tarxetas e pitou dúas expulsións", iso sí, a partes iguais entre locais e visitantes. O próximo encontro o Perlío recibe ao San Mateo.

Sociedade