A cabeza non para

A cabeza non para
12 de Maio, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O gran apagamento que a maioría vivimos sen maiores problemas supuxo un motivo de gran estrés e preocupación para persoas enfermas que dependen de aparellos conectados á enerxía eléctrica. “Non é posible non pensar en algo que nos preocupa”, advirte o psicólogo José Barcia Tuccelli. 

ESCOITA O PODCAST:

Moitas persoas sufriron durante o apagón aínda que non experimentaran problemas importantes ao verse nunha situación descoñecida. Ao saír da zona de confort e verse nunha crise “en moitas persoas emerxe un estilo moi catastrofista, a cabeza voa a lugares moi dramáticos e iso provoca sufrimento”, explicou Barcia. Nesas circunstancias que nos causan preocupación “a primeira recomendación é suxeitar a cabeza para que non dramatice”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora