Cada un o seu

Cada un o seu
12 de Febreiro, 2026 - 04:00 h. | Publicada por Radio Fene

“A cada un o seu, financiación da Xunta si pero o Goberno ten que contribuír ao SAF coa súa parte”, defende o voceiro do Partido Popular no Concello de Fene, Gumersindo Galego.

ESCOITA O PODCAST:

"Somos conscientes de que a financiación é escasa”, recoñece o voceiro do PP, Matiza que “o acordo firmado pola Fegamp e a Xunta é positivo porque contempla subas e explica que “o Goberno debe contribuír ao 50% e non o está facendo”. Respecto do conflito no transporte de viaxeiros por estrada opina que non é papel da Xunta mediar na negociación do convenio colectivo. “A Xunta ten que fixar mínimos e multar ás empresas que non cumpran eses mínimos”, sinalou. 

Institucional

Publica o teu comentario agora