A cafetería do Circulo de Fene gaña o II Concurso de Tapas na modalidade popular

A cafetería do Circulo de Fene gaña o II Concurso de Tapas na modalidade popular

09 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A cafeteríai do C.M.I. Unidade de Fene, co seu parmesana de berenxena, resultou gañadora na modalidade de tapa popular do II Concurso de Tapas de Fene, organizado pola Concellería de promoción económica, dirixida polo nacionalista Manuel Polo.

O xurado é o público, todos aqueles que visitaron todos os establecementos durante o certame e entregaron a Feneruta. Entre os votantes sortearanse estancias de fins de semana en casas rurais das comarcas de Ferrol - Ortegal.
Tamén se sortearán 10 bonos de 30 € entre todos os cupóns depositados nas urnas repartidas polos establecementos, para consumir en tendas adheridas á Asociación de Comerciantes de Fene.

A entrega de premios realizarase o xoves, 16 de abril.

Sociedade