Caixa Galicia “desembólsase” do plástico

Caixa Galicia “desembólsase” do plástico

02 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As bolsas de plástico poden tardar ata 400 anos en descompoñerse e representan unha seria ameaza para moitos animais que a diario morren atrapados ou asfixiados entre elas. Ademais, segundo estudos recentes, supoñen un consumo global de dezaseis mil millóns de euros e xeran ao redor de cen mil toneladas de residuos non biodegradables. Cada habitante español gasta de media, ao longo do ano, 238 bolsas dun so uso. Pero esta cifrá irá diminuindo progresivamente,

Caixa Galicia anunciou esta mesma mañá que abandona as bolsas de plástico, sustituíndoas por outras de papel ecolóxico, procedentes de bosques sostibles. Nun comunicado, a entidade financeira asegura que as dez mil unidades que se veñen utilizando anualmente nas súas oficinas comerciais contan, dende xaneiro deste ano, cun aval do Plan European Forest Certification, o sistema de certificación forestal máis importante do mundo.

 A iniciativa de supresión de bolsas de plástico forma parte da política ambiental que Caixa Galicia aprobou en 2006, dentro da súa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa. Entre as medidas que se puxeron en marcha dende aquela salienta o emprego xeralizado de papel ecolóxico ou o fomento da correspondencia a través de internet.

Sociedade