Cal é máis cariñoso?

Cal é máis cariñoso?
07 de Decembro, 2025 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Son máis cariñosas as cadelas que os cans? Que facer se un can ten un comportamento agresivo? Dous temas que centraron a conversa desta semana en Radio Fene coa veterinaria etóloga Noemí Graña.

ESCOITA O PODCAST:

“Creo que inflúen máis os caracteres de cada can que o sexo”, apunta Noemí Graña ao preguntarlle se as cadelas son máis cariñosas que os cans. “Certo que determinados comportamentos asociados ás condutas exploratorias poden darnos esa sensación, que os machos son máis desapegados, que marchan por aí, van explorar, pero creo que depende máis do temperamento”, Explica Noemí que “o comportamento é a suma dos rasgos de comportamento, da súa xenética e as experiencias vividas”. 

O primeiro, a saúde

“A saúde pública ten que ser algo que sempre vaia por diante”, defende Noemí ao ser preguntada sobre se a eutanasia está indicada no caso de comportamento agresivo dun animal que manda unha persoa ao hospital ou mata un neno. “A eutanasia en determinados casos está recomendada”. Faise un análise de riscos no que se valoran aspectos como o tamaño do can, a previsibilidade dos ataques, se pode identificarse cando ataca e se poden controlarse esas situacións. “Nós sempre buscamos solucións, pero non sempre as hai”, recoñece a especialista e lembra que a saúde do gando e a saúde do pobo son a razón de ser dos veterinarios.



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora