Cambiar as cousas é un acto de amor

Cambiar as cousas é un acto de amor
30 de Xuño, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O amor e reivindicación social mestúranse no novo libro de Manuel Cendán. Terra e Mar é o titulo do segundo poemario do autor naronés que está seguro de que “cambiar as cousas é un acto de amor”.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

As cantigas medievais gardan relación coas letras duns poemas nos que os símbolos da natureza tamén cobran importancia. Son moitas as referencias literarias que influíron en Manuel Cendán á hora de escribir ‘Terra e Mar’. O autor cita aos poetas Xabier Seoane e ao poeta serbio–estadounidense Charles Simic. No club de lectura deste xoves en Radiofusión analizaremos co propio Manuel Cendán as características da súa segunda obra na que seguen moi presentes as ensinanzas que recibiu no Instituto de Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora