Cambio importante na TDT

Cambio importante na TDT
09 de Febreiro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aviso de interese para as persoas que reciben o sinal de televisión a través da antena. “O cambio máis destacado na Televisión Dixital Terrestre (TDT) vaise producir a semana que vén, o 14 de febreiro”, informou en Radio Fene o experto en tecnoloxías Iago Varela. “Dará un salto significativo” co paso á retransmisión de contido en alta definición e a desaparición das canles emitidas en calidade estándar.  

ESCOITA O PODCAST:

“Non hai motivo de alarma”. Para a maioría das persoas iso non supón máis que ter que sintonizar de novo os seus televisores, porque os aparellos están xa preparados para a alta definición, HD. Pero calcúlase que un 2% da poboación terá que renovar o televisor ou comprar un adaptador que custa uns 20 euros para captar o novo sinal, que terá máis calidade na imaxe e, sobre todo, no son, segundo nos explicou Iago Varela.  Facer a instalación non ten complicacións. “É doado, pode facelo calquera, no anterior cambio que houbo na TDT nalgúns casos si era necesario facer actualizacións nas antenas, pero agora non”. Ademais de mellorar a calidade nas emisións, o cambio na TDT ten outro motivo importante. “Trátase de aforrar ancho de banda, emitir máis contido con máis calidade ocupando menos espazo, e ese aforo vaise destinar ao 5G”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora