ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Cambios no programa do Festival Intercéltico de Fene. Mañá sábado e o domingo. O prognóstico do tempo obriga a trasladar a Noite Celta que se proxectaba realizar en Fonte do Campo en Fene para a sociedade O Pote de Maniños. Airiños de Fene e o Concello de Fene agardarán ata o último momento para intentar realizar o sábado pola tarde o desfile dos douscentos músicos e músicas pola avenida Marques de Figueroa.

O programa empezará mañá sábado ás 12 cunha recepción oficial na Casa do Concello de Fene. As 13,15 haberá concertos simultáneos nos locais das sete entidades parroquiais de Fene.
O desfile de pola tarde quedará pendente da evolución do tempo. As 21,30 a Noite Celta realizarase no local da sociedade O Pote de Maniños. En Maniños tamén realizaráse o desfile na mañá do domingo e posterior actuación no campo da festa, enlazando co programa da tradicional romaría do Pote.
Publica o teu comentario agora