ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Fene suspende o desfile de comparsas. As actividades do Entroido serán baixo a carpa situada a carón da Casa do Concello.

O Goberno municipal de Fene acordou suspender o desfile de comparsas que ía recorrer na tarde deste mércores as rúas do concello. A decisión tomouse perante as adversas condición meteorolóxicas previstas para as vindeiras horas (alerta amarela por vento e choiva e alerta laranxa por posible desbordamento do río Cádavo, en Perlío). Non haberá desfile pero si o resto das actividades programadas. Mantense o festival e a lectura do Testamento do Entroido, que se desenvolverán baixo a carpa instalada na praza do Alcalde Ramón Souto. As comparsas concentraranse na praza, a carón da Casa do Concello, ás 18.30 horas, e subirán ao palco segundo a orde previamente establecida.
Rematado o certame, darase paso á queima do Meco e ao espectáculo pirotécnico (sempre que as condición meteorolóxicas o permitan)
Publica o teu comentario agora