Cambios, si ou non?

Cambios, si ou non?
06 de Xullo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Algunhas persoas resistense a todos os cambios. Outras están abertas a novas experiencias. Falamos do tema co psicólogo José Barcia Tuccelli a propósito do caso das pausas de hidratación que son obrigadas agora, faga o tempo que faga, nos partidos do Campionato Mundial de fútbol.

 

 

ESCOITA O PODCAST:

Cando se enfrontan a cambios hai xente que sofre ansiedade. Teñen medo ao descoñecido ou porque non queren gastar enerxía. Uns reaccionan de xeito activo criticando calquera cambio e outros de maneira pasiva, postergando a súa aplicación. Pola contra, outras persoas aceptan as novidades, ven os cambios como a evolución propia da vida e da sociedade. “A vida e a sociedade evolucionan”, lembrou Barcia Tuccelli. Iso si, advirte de que non todos os cambios teñen por que estar xustificados.

Sociedade

Publica o teu comentario agora