Camiña con Asotrame

Camiña con Asotrame

23 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O número de doantes de médula ósea aumentou no último ano un 18% . Unha cifra que satisfai á asociación galega de trasplantados de médula ósea Asotrame, cando van celebrar o Dia Internacional do Doante de médula o próximo domingo día 27 de setembro. Faránno cunha carreira-andaina solidarias que partirá ás once da mañá do polideportivo da Gándara en Narón.

O domingo 27 de setembro conmemorase o Día Mundial do Trasplantado de médula ósea e ASOTRAME celébrao con dous actos, a presentación da sua revista “ Vivir es increíble”  o venres 25 de setembro, na galería Sargadelos de Ferrol ás 20.00 hr. Nela atoparemos  diversos artículos sobre alimentación, benestar emocional, ocio...así como as diferentes actividades que teñen realizado ao longo deste ano, segundo a coordenadora de actividades de Asotrame, Mª José.

A Asociación galega de Trasplantados de Médula ósea celebra o domingo 27 de septiembre o "Día Internacional de Donante de Médula” cunha carreira e andaina solidarias que partirá do polideportivo de Narón, ás 11:00 de la mañana. Na organización da carreira está José.

Visibilizar o cancro hematolóxico, informar do sinxelo que é doar médula ósea e conseguir máis doantes. Ese é o obxectivo que move a Asotrame.

Sociedade