Camiñada e carreira solidaria contra o cancro

Camiñada e carreira solidaria contra o cancro

12 de Setembro, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

ASOTRAME celebra por terceiro ano consecutivo a carreira solidaria contra o cancro. A Asociación Galega de Transplantados de Médula ösea prepara un evento que sairá do polideportivo da Gándara en Narón, ás once da mañá do domingo 24 de setembro. A proba percorrerá 5 quilómetros que se poderán facer andando ou correndo.

A inscrición na páxina web de Carreiras Galegas é de 8 euros e cada participante recibirá unha camisola conmemorativa. A recaudación destinaráse ao mantenemento do piso de estancia temporal para pacientes e familiares que a entidade abrirá o 1 de outubro nas inmediacións do CHUAC na Coruña.

Sociedade