Camiñada para ver hórreos

Camiñada para ver hórreos
17 de Setembro, 2024 - 10:19 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene abriu o prazo de inscrición para tomar parte na camiñada por Magalofes. Terá lugar o sábado día 28. As persoas interesadas poden anotarse nas dependencias do Departamento de Deportes (Avenida Naturais de Fene, 44, entrechán dta ou no 981 340 366) en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas. Hai cincuenta prazas e non poderán participar máis persoas das inscritas.

ESCOITA O PODCAST:

A encargada da Oficina de Turismo de Fene Estefanía Purriños fala do xardín Eduardo Blanco Amor e do muiño do Redondo:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/1709924PURRINOS.mp3

Hórreo do Feal

A camiñada visitará algúns hórreos da parroquia de Magalofes. Tamén parará no xardín Eduardo Blanco Amor e no muiño do Redondo. Deses dous lugares da parroquia, falou en Radio Fene Estefanía Purriños, da oficina de Turismo de Fene.

 

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora