Camiñada pola fonte dos Mouros

Camiñada pola fonte dos Mouros
29 de Novembro, 2021 - 08:52 h. | Publicada por Radio Fene

Romeiros polas terras do solsticio. Organízase en Sillobre unha andaina baixo o lema “Camiñando cara o alén”. A camiñada sairá da igrexa de Santa Mariña, pasando pola Fonte dos Mouros, capela de San Marcos, cruceiro do Ameneiro e Mámoas de Marraxón. Rematará no cemiterio de Sillobre. 

Fonte dos mouros en Sillobre. Fene

 Sairá o luns seis de decembro ás 9,30 da mañá e finalizará ás 12,30 do mediodía. Inscricións ata o dia 4 no local de Agarimo ou no correo agarimosillobre@gmail.com.  Persoas asociadas dous euros, foráneas cinco euros. Organizan a Sociedade Agarimo e a Asociación Ferrolterra antiga. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora