Camiñadas saudables

Camiñadas saudables
26 de Agosto, 2024 - 01:08 h. | Publicada por Radio Fene

Calquera que queira facer exercicio e falar sobre nutrición pódese anotar mañá nas andainas saudables que organizan profesionais do centro de saúde de Fene. A segunda das andainas deste mes e cuarta do ciclo será mañá martes 27, e parte ás 10:00 horas do centro de saúde de Fene. Regrésase ó mesmo lugar ás 11:00.

Camiñada saudable celebrada o13 de agosto

Diversos profesionais do centro de saúde de Fene da Área Sanitaria de Ferrol organizan estas andainas, unha actividade comunitaria que ten lugar o segundo e cuarto martes de mes, entre os meses de xullo a outubro. Co que, ademais de mañá, martes 27 de agosto, quedarán as andainas dos martes 10 e 24 de setembro, e as dos martes 8 e 22 de outubro.

O obxectivo deste grupo de andainas é “aumentar o exercicio físico e reducir o sedentarismo”, e establecer uns hábitos de vida saudables. Durante a andaina, achégase ós beneficios de adoptar estes camiños como rutina e os mellores xeitos de se alimentar para gañar saúde.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora