Camiñando contra o cancro

Camiñando contra o cancro
16 de Xuño, 2024 - 11:45 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación Por + vida realizou este domingo a súa andaina anual contra o cancro en Fene. A pesar da amenaza de orballo, moitas mulleres e homes participaron nesta iniciativa que reclama máis investimentos das administracións públicas para as investigacións contra esta doenza. A entidade doou neste exercicio 9.000 euros para o grupo de investigación xenética que dirixe o doutor Angel Carracedo. 

Camiñando contra o cancro

Por + vida anunciou na andaina a súa intención de participar un ano máis na Carreira da Muller da Coruña o domingo 22 de setembro. O evento realizado este domingo, conmemora o programa de exercicio físico para persoas con tratamento oncolóxico que se impulsou en 2008 no Concello de Fene a partir da iniciativa do graduado en Ciencias do Deporte José Barcia Tuccelli. Logo creouse a asociación que promove a actividade física, habitos saudabeis e o apoio psicolóxico contra o cancro. Colaboran coa Universidade de Santiago de Compostela na Escola da Saúde e forman parte do GEPAC (Grupo Español de Pacientes con Cáncer). Ademáis organizan periodicamente charlas divulgativas. A última, sobre a importancia da alimentación no proceso oncolóxico.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora