Camiñando da Barca ao Carril

Bétula lévanos por un camiño senlleiro
10 de Abril, 2019 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

Do Seixo a Barallobre, bordeando a costa. Unha andaina sinxela, bonita e rica en contidos.

Da ensenada da Barca no Seixo ( Mugardos) partirá o sabado 13 de abril ás 10 da mañá un roteiro denominado “Camiños senlleiros” organizado pola asociación Bétula (Asociación para a custodia do bosque atlántico). A meta será o lugar O Carríl en Barallobre (Fene). Un percorrido curto e sinxelo de facer pero moi rico en contidos.

Tres especialistas dirixirán a andaina explicando a singularidade da zona, no que respecta á flora e fauna, arqueoloxía, riqueza marisqueira, tipoloxía urbana do Seixo (na foto peirao do Seixo) para concluir coas ameazas e valores a preservar. Esas tres persoas serán, Pedro Cruzado que falará das aves de invernada e da vexetación de ribeira; Jerónimo Bouza sobre os xacementos arqueolóxicos e tipoloxía urbana. E Joam Luís Ferreiro (Cesio) que se ocupará da riqueza marisqueira da ría e dos impactos que a condicionan. A inscripción é gratuíta e pode facer no teléfono 605355650.

Cultura

Publica o teu comentario agora