ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Federación Galega de Dano Cerebral organiza a Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’, que vai ter lugar o domingo 19 de xuño en Santiago de Compostela. Con esta actividade, FEGADACE continúa coa súa liña de promoción duns hábitos de vida saudables a través da organización de actividades deportivas. O presidente da Federación, Luciano Fernández, anima a toda a poboación compostelá a participar, camiñando ou correndo, por esta causa solidaria.
“Camiñar polo dano cerebral” é mirar polos demais, chamando a atención sobre a situación do colectivo de persoas con esta discapacidade, e coidarse a un mesmo. A cita deportiva, que ofrece a posibilidade de participar correndo ou camiñando, consiste nun circuíto que vai percorrer sendeiros e rúas da Alameda e do Campus Sur compostelán. A carreira comezará ás dez da mañá no monumento a Manuel Ventura Figueroa (Avenida Antonio Raimundo Ibáñez, Campus Sur) mentras que a Andaina partirá ás once. A inscrición está aberta en www.carreirasgalegas.org ata o xoves 16 de xuño ás 23:59 horas.
Publica o teu comentario agora