ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Todas as persoas temos un lugar en Barallobre no que repousar para tomar folgos no camiño. O monumento ao Camiñante descoñecido é un lugar singular co que conta o concello de Fene desde hai máis de noventa anos, como lembrou a responsable da Oficina Municipal de Turismo, Estefanía Purriños.
A idea de dedicarlle ao Camiñante descoñecido un monumento xurdiu no 1932. Foi do cronista do xornal “Pueblo Gallego” Alfonso Piñón que pedía coidar os camiños polos que todos pasamos en distintos momentos da vida, para aprender, buscar traballo, mentres agardamos polos seres queridos e mesmo na última viaxe, camiño do cemiterio.
A primeira pedra do monumento púxose en maio de 1934. No mes de xullo dese mesmo ano tivo lugar a inauguración. Asistiron personalidades como Otero Pedrayo ou Vilar Ponte. O monumento conta cunha pequena biblioteca e con doce bancos adicados a personaxes sobranceiras da cultura galega. Nun primeiro momento eran nove, cando estaba no emprazamento orixinal, na zona da estación de Barallobre ata que coa supresión do paso a nivel foi movido á actual localización en 1984.
Publica o teu comentario agora