ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Camiño Inglés a Compostela vai gañando camiñantes ano tras ano. O número de pelegríns que a pé, a cabalo ou en bicicleta vaian de Ferrol a Santiago de Compostela, pasarán a finais deste ano as 10.000 persoas. Na Casa do Concello de Fene selan cada día a compostelana a unha media de 40 camiñantes.
De Irlanda, de Valencia, Vigo e Sevilla proceden os pelegríns que saíron esta mañá do albergue de Neda para encarar a segunda etapa do camiño a Santiago a onde pensan chegar o domingo.
Eleximos a dous sevillanos que esta mañá selaron na casa do concello de Fene a compostelana a iso das 10 da mañá, xa almorzados e dispostos a continuar un camiño que comenzaron onte en Ferrol. Un deles chámase Manuel (Aparellador en paro) e o outro, Alberto (enxeñeiro técnico industrial en paro, que traballa como camareiro). Son veciños dun pobo sevillano, de Mairena del Alcor.
Manuel xa ten feito o camiño francés e por iso encarou esta nova ruta a Compostela, despois de informarse ben. Teñen por diante un total de 125Km dos que levan percorrido 17. Cunha media de 25 Km/dia pensan chegar á meta o domingo. A primeira etapa de onte fíxose incómodo por culpa do orballo, nada que ver co seu medio natural.
Ao preguntarlles unha primeira impresión do recorrido ata agora, non hai acordo: un véu moito asfalto e o outro moito verde. Despois de dormir no albergue de Neda que lles resultou moi cómodo, os nosos pelegríns sevillanos continuan camiño tras responder á pregunta clásica de ¿Por qué fas o camiño? Son crentes, pero tamén é un reto deportivo. Desexámos a Manuel e Alberto moi boa andáina, cos seus 9 quilogramos na mochila e esa gracia de Mairena del Alcor, que os acompaña. Para nós, xa non son camiñantes descoñecidos.