Camiñar polas Fragas do Eume

As Fragas desde A Capela
23 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cinco concellos comparten o tesouro natural das Fragas do Eume. Visitámolo seguindo  dúas rutas que parten da Capela, coa guía de Estefanía Purriños. Son rutas “menos coñecidas e menos saturadas, para facer a pé, non aptas para ir en bicicleta”. 

ESCOITA O PODCAST:

Algo máis de 9.000 hectáreas ocupa o parque natural das Fragas do Eume, enclavado nos concellos de Cabanas, Pontedeume, A Capela, Monfero e As Pontes. O parque ten dous mosteiros, o de Caaveiro e o de Monfero, e un fermoso bosque atlántico caducifolio, con castiñeiros, carballos, bidueiros, freixos, teixos, loureiros ou acivros e érbedos, 28 especies de felgos e liques, mais de 100 especies de aves e 40 de mamíferos, que conviven con troitas, reos, e invertebrados e réptiles como a ra ibérica ou a píntega rabilonga.

A ruta de Caaveiro parte da Casa do Pazo da Capela, onde podemos aproveitar para visitar a sede do museo etnográfico da Capela. Outra opción é a ruta do Eume que nos leva ata a central da Ventureira. Esta parte dende un pouco mais arriba do aparcamento que hai na estrada que leva a central do Eume.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora