ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Meirás semella abonado á primeira praza da Segunda Futgal, que da dereito ao ascenso directo. Conta con 54 puntos e venceu nos últimos cinco partidos disputados. En segunda posición o San Sadurniño (50) e na terceira o Narahío (44) ocupan os postos da promoción. Pero achéganse con perigo e con 43 puntos o cuarto (Cebarca) e o quinto (Barallobre) Precisamente este domingo xogan o Narahío e o Barallobre nun partido que se disputará as 12 da mañá no campo da Veiga.
En Primeira Futgal, Maniños - Valdoviño e Perlío - Meicende. Os dous partidos o domingo ás cinco da tarde. Na Terceira Futgal, Almeiras - Maniños B o domingo as cinco da tarde. O Perlío B visita ao Atlético San Pedro, o domingo ás doce do mediodia no campo de Iñás en Oleiros.
Imaxe, partido Barallobre 0 - 1 Meirás
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora