ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Mostra de boa veciñanza para festexar o día das Letras Galegas. A Asociación Veciñal de Limodre e a Agrupación Instrutiva de Caamouco levan cinco anos camiñando xuntas para conmemorar o día grande das letras de Galicia. Daniel García, presidente da Agrupación Instrutiva de Caamouco falounos da iniciativa prevista para o domingo.

“Unha proposta que gusta moito, as prazas están cubertas”. Este ano as persoas participantes camiñarán pola parroquia de Limodre. Asistirán o domingo a unha ruta de sendeirismo teatralizada, con diferentes representacións, lecturas e actuacións musicais, que se fará con distintos grupos a partir das dez da mañá. A Agrupación Instrutiva de Caamouco e a Asociación Veciñal de Limodre volven ir da man na celebración das Letras Galegas na quinta edición dos Camiños das Letras.
Publica o teu comentario agora