Camiño das Letras, con teatro, música e poesía

Camiño das Letras, con teatro, música e poesía
08 de Maio, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A Agrupación Instrutiva de Caamouco e a Asociación Veciñal de Limodre volven ir da man na celebración das Letras Galegas. As dúas entidades organizan a cuarta edición de 'Camiño das Letras'. Trátase dunha ruta de sendeirismo teatralizada, con diferentes representacións, lecturas e actuacións musicais ao longo do percorrido.

 

ESCOITA O PODCAST:

Dani García preside a Agrupación Instrutiva de Caamouco:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/070525GARCIA.mp3

O percorrido é de 7,5 km, cunha dificultade media-baixa e unha duración de tres horas. Deste xeito, ábrese a participación a todo tipo de público, tamén rapazada. O prazo de inscrición xa está aberto, a través do 616 74 02 05. Ten un prezo de 3 euros para os socios das dúas entidades e de 6 euros para o público xeral. Inclúe merenda nun punto de avituallamento a metade do camiño e petisco ao final da ruta. Esta actividade caracterízase por ofrecer todos os anos un traxecto diferente, sempre xogando coa contorna natural e o patrimonio da zona. Neste 2025 deseñouse un novo trazado, con punto de inicio na Agrupación Instrutiva de Caamouco. O camiño percorrerá lugares naturais de gran beleza. Salienta a Torre das Minermas, un vistoso edificio de estilo indiano cunhas privilexiadas vistas á ría de Ares. Os seus propietarios colaboran coa organización, permitindo usar o espazo para unha das representacións. Outro dos puntos a destacar é a capela do Lodairo, onde terá lugar outra das principais actuacións musicais da xornada. Camiños das Letras. Entre Caamouco e Limodre, o domingo 18 de maio pola mañá.

 

Na imaxe, o Camiño das Letras no Pazo do Piñeiro. 2023.

Cultura

Publica o teu comentario agora