ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Disque todos os camiños levan a Roma, pero tamén os hai, e non son poucos, que conducen ata Santo André de Teixido. A técnica en Turismo Estefanía Purriños propón en Radio Fene distintas rutas para peregrinar a Santo André.
Non hai escusa para non ir a Santo André, un dos santuarios máis visitados de Galicia. Son tantas as posibilidades que non é de estrañar o que di a tradición que vai de morto o que non foi de vivo ou o que non foi de vivo unha vez, vai de morto tres. Estefanía Purriños explicou que as súas orixes remóntanse ó século XII. Conta a lenda que André o Apóstolo chegou por mar. O bater do mar nesta zona levou á súa barca contra os cantís, e alí quedou petrificada a barca invertida, asomando a quilla. Din tamén que Xesús prometeulle que todo o mundo habería de peregrinar a este lugar para poder entrar no ceo.
A herba de namorar e os sanandresiños son dúas das marcas de identidade deste emblemático santuario situado nunha fermosa paraxe do concello de Cedeira.
Publica o teu comentario agora