Camisolas do Camiñante

Sabado 6 de xullo, Romaría do camiñante en Barallobre.
19 de Xuño, 2019 - 11:04 h. | Publicada por Radio Fene

O merchandising chega á romaría do Camiñante descoñecido de Barallobre (Fene). A Liga de Amigos, organizadora da festa, editará camisolas alusivas ao monumento porque cumpre 85 anos.

ESCOITA O PODCAST:
FERNANDEZCAMINANTE2019

A Romaría do Camiñante de Barallobre celebrase o primeiro sabado de xullo que este ano cadra no dia 6. Ver moitas merendas no campo ese dia segue a ser unha aspiración da Liga de Amigos de Barallobre que este ano introduce algunha modificación no programa da festa. A máis importante é que se retrasa a andaina ao monumento para as sete da tarde achegándoa á sardiñada que comezará no parque da sociedade ás oito. En anos anteriores baixábase cos gaiteiros á ofrenda floral contra as cinco da tarde, en hora de calor e de sesta.

Este ano a Liga editará por primeira vez unhas camisolas conmemorativas da romaría porque o munumento, inaugurado en 1934, cumple 85 anos. A presidenta da Liga, Dolores Fernández, adiantounos que pola noite, durante a actuación de Os dous de sempre, sortearase entre o público unha acuarela na que tamén se representa o monumento ao camiñante descoñecido.

Cultura

Publica o teu comentario agora