Camisolas para o mozo

Camisolas para o mozo
04 de Outubro, 2022 - 12:16 h. | Publicada por Radio Fene

Non comezou con bo pé a liga para as xogadoras do Perlío. Perderon fóra da casa na primeira xornada da liga da Segunda Galicia de fútbol feminino. Campestre 3- Perlío 1 no partido disputado o domingo. “Foi un partido moi disputado. Elas adiantáronse cedo, no minuto 11”, explicou a delegada do equipo Conchi López. “O cansazo puido con nós”, resumiu a xogadora Rosa Taboada. “O físico foi decisivo”, concluíu a súa compañeira, Iria Tenreiro. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

“Este ano a Liga vai ser diferente porque haberá ascensos e descensos. Hai que tratar de saír da zona de perigo e estar arriba”, é o primeiro obxectivo para a delegada. As xogadoras recoñecen que teñen que adaptarse ao novo adestrador, Carlos Carballo,, pero consideran que o nivel da Liga “é asequible para todos os equipos”. Respecto da polémica na selección de fútbol feminina, no Perlío téñeno claro. “Se na selección nacional masculina houbera protestas de 15 xogadoras o adestrado estaría fóra. As mulleres aínda temos un traballo bastante grande que facer”, di a delegada. “Quédanos seguir loitando para as que veñen detrás”, afirma Rosa. “En pleno século XXI, preguntáronme se eran para meu mozo unhas camisolas que merquei este verán en Milán, no Estadio de San Siro. Porque estaban pagas, senón quedábanlles alí, engade Iria. Agardan que o público non falle esta tempada no campo dos Pinares.. O próximo partido, o domingo, ás 12, contra o Discalzas, de Cedeira, en Perlío.
 

Deportes

Publica o teu comentario agora