ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Partido Socialista acudiu aos tribunais para denunciar supostas ameazas proferidas contra os seus candidatos por alcaldes do Partido Popular na provincia de Ourense. Nas instancias presentadas perante o Xulgado de Xinzo de Limia, a Fiscalía, a Garda Civil e a Xunta Electoral de Zona, a dirección do PsdeG refire indicios de delito por ameazas, coacción, tráfico de influencias e malversación de fondos públicos dos que culpa ao rexedor de Baltar e de
Feijóo Alonso, segundo explicou nesta xornada o secretario de Organización do PsdeG, Pablo García, teríalle manifestado á farmacéutica que lle ía "buscar a ruína" ao seu negocio se non facía desistir á súa empregada dos seus plans para ser candidata. O mesmo alcalde tamén se tería ofrecido a subornar con 5.000 euros a outro integrante da lista socialista en Baltar para que abandonase a carreira política. García relatou entre os episodios de acoso os danos efectuados a vehículos dos candidatos, "marcaxes persoais", chamadas telefónicas, mesmo o seguimento até a porta dunha reunión do partido mantida en Xinzo. Todo iso feito, explicou, "ao estilo Camorra napolitana". O alto cargo socialista asegurou que o propio primeiro edil do Partido Popular confesara "ter que sacar todos os concelleiros en Baltar porque iso lle suporía máis cartos". Pablo García coida que con este caso, o PP deu un "salto cualitativo" na procura do "exterminio" da oposición, e que só lle resta o paso do "tiro na caluga". Resolve que na provincia de Ourense a Deputación está a facilitar a "persecución por idea política". O PSdeG tamén presentou denuncia contra a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, a popular María del Carmen González Quintela, por supostas ameazas proferidas contra a candidata socialista no centro de saúde da vila cando ía solicitar o servizo dunha ambulancia. Asemade, o partido está a preparar outra demanda semellante en Calvos de Randín, onde goberna o socialista Aquilino Valencia, logo de que os cambios na lei electoral que eliminaban o voto decisivo de tránsfugas políticos frustrasen unha moción de censura contra o Alcalde. O PsdeG reclama que os máximos responsables do Partido Popular en Galicia e da Xunta, o presidente Alberto Núñez Feijóo e o conselleiro de Presidencia e secretario xeral da formanción, Alfonso Rueda, dean explicacións por estes casos. Ademais, o secretario xeral dos socialistas ourensáns, Raúl Fernández, fixo fincapé en que, malia "non ser a primeira vez que acontecen" estas prácticas, agora si hai xente "disposta a apoiar co seu testemuño" as denuncias e rematar cunha actuación que cualificou como "propia da mafia".