A campaña de Nadal está perdida

A confraría de Barallobre demanda un paro biolóxico ante a caída da ameixa
01 de Outubro, 2020 - 11:03 h. | Publicada por Radio Fene

A caída na venda de ameixa na confraría de Barallobre é tal que os mariscadores demandan un paro biolóxico e un plan de rexeneración no banco das Pías.

ESCOITA O PODCAST:

Os mariscadores e mariscadoras de Barallobre están desesperados e non é para menos. A caída da venda de ameixa no que vai de ano é o 20% do que era hai dous anos. As razóns do descenso obedecen a que os bancos producen moi pouco, non hai semente, hai lodos, o retraso da depuración, os recheos, son problemas estructurais aos que hai que engardir agora a aparición dun parásito no banco das Pías. O patrón da confraría fenesa, Jorge López, demanda un Plan de rexeneración e un paro biolóxico.

“Nas reunións coa Consellería de Pesca, falouse dun cese da actividade pero o ISM dí que non entramos nos parámetros esixidos para poder entrar nalgún tipo de axudas” explica o patrón. A confraría demanda paralelamente a realización de mostraxes en 14 puntos das distintas zonas da ría onde faenan pero tópanse aquí con outro problema, a saturación do laboratorio. “Estamos buscando como costear estas mostras e xa hai empresas dispostas a facelo” afirma Jorge López.

Hoxe mesmo abríanse ao marisqueo as zonas libres pero non teñen moita esperanza. Nos últimos días saíron a faenar catro mariscadores a flote e once a pé. “A campaña de Nadal está perdida”. Declara o patrón de Barallobre que a Consellería dálles a razón pero non poden percibir axudas todas as categorías así que, polo momento, non ven solución.

Sociedade

Publica o teu comentario agora