Campión sobre dúas rodas

Campión sobre dúas rodas
18 de Agosto, 2020 - 10:19 h. | Publicada por Radio Fene

Brais Pazo ten só 11 anos pero xa son moitos os títulos que posúe. Dende 2018 gañou o Mini GP 110 centímetros cúbicos, o Motorace Challenge e o Campionato Galego de Minimotard 2019.

Brais Pazo no podio de A Pastoriza

O alumno de O Ramo de Barallobre comezou no motociclismo sendo ben pequeno e aí segue dende entón. Agora vén de acadar o primeiro posto no circuito de A Pastoriza de Lugo. Alí correu tamén a súa irmá, Noa Pazo, que conseguiu o sexto posto. Esta carreira forma parte do VF Challenge Moto Race 2020, trofeo federado que se celebra en distintos circuitos de Galicia. As probas puntúan para o Campionato Galego de Velocidade e para o Trofeo Ibérico de Supermoto.

Deportes

Publica o teu comentario agora