Campións de innovación

Campións de innovación
21 de Xuño, 2024 - 12:04 h. | Publicada por Radio Fene

Entrega do diploma National Innovation Award ao equipo de "Os robots do pazo" do IES de Fene. 

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, o profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, José Antonio Becerra, achegáronse este venres ata o IES de Fene para facerlle entrega ao equipo "Os robots do pazo" do diploma que os acredita como gañadores na GRAN FINAL da FIRST LEGO League España celebrada no mes de marzo no Paraninfo da Universitat d´Alacant (UA). O equipo de "Os robots do pazo" foi nominado para obter este premio na GRAN FINAL NACIONAL no marco da FIRST LEGO League Galicia, organizada pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e o Campus Industrial da Universidade da Coruña o pasado 2 de marzo na cidade departamental. Nesta décima edición, participaron un total de 43 equipos (25 na categoría FLL Challenge - de 10 a 16 anos-, 16 na FLL Explore -de 6 a 9 anos - e 2 na FLL Discover - de 4 a 6 anos-) e máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia.

Sociedade

Publica o teu comentario agora