ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Xabier Allegue e Alejandra Álvarez, de Judo Ferrolterra, son os campións galegos de Judo. O Campionato Galego Infantil e Cadete disputouse esta fin de semana en Marín.

Na categoría Infantil a Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra conseguiu 7 medallas. Ademais dos ouros de Xabier Allegue e Alejandra Álvarez, Alba Bollo, Iago Miño e Xeila Herrera fixéronse coa prata e Julio Freire e Xabi Mauriz conseguiron bronces. Na Cadete os judocas do Club conseguiron outras 3 medallas. Unha de prata para Hugo López e dous bronces que obtiveron Iria Martínez e Amelia Tenreiro .
Estes resultados marcan un fito na historia do Club, non só polo número de medallas, senón polos 6 judocas que clasifica para o Campionato de España. Son: en categoría Infantil Iago Miño, Alba Bollo, Xabier Allegue, Alejandra Álvarez, Xabi Mauriz; e en categoría Cadete Hugo López.
Publica o teu comentario agora