Campo ofensivo

Campo ofensivo
30 de Novembro, 2020 - 08:41 h. | Publicada por Radio Fene

O baloncesto feminino centrará este martes 1 de decembro o programa A Fenestra de Radio Fene. Contaremos no estudio como convidadas coas deportistas do Baxi Ferrol Patricia Benet e Laura Fernández. O equipo ferrolán continua con paso firme na Liga 2 o seu camiño cara o ascenso de categoría. A competición cambiou de formato nesta campaña ao dividirse en tres grupos, pero o Baxi afianzou o seu liderato esta última fin de semana. O programa (ás 11 da mañá no 107.7 da FM) estará aberto á participación a través do teléfono 981 492848 ou enviando previamente as preguntas e opinións mediante nota de voz ao whatsapp 659193663. Tamén se reciben cuestións no Instagram e Facebook de Radio Fene. 

Baxi Ferrol na Liga Feminina 2 de baloncesto

Patricia Benet, de Valencia chegou en febreiro para reforzar ao Baxi. Xa militou no club ferrolán na campaña 14/15. Pola súa banda, a canaria Laura Fernández, de 31 anos e 1.69 metros, formouse no baloncesto da súa terra, conseguindo o título de campioa de España infantil, cadete e júnior, ademais de lograr a medalla de ouro con España no Europeo U16 e a de prata no U18. Conta cunha ampla experiencia, xa que disputou doce campañas na liga Feminina 2. 

Deportes

Publica o teu comentario agora