Campus de verán multidisciplinar

Campus de verán multidisciplinar
07 de Maio, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Un campus de verán multidisciplinar organiza o club Kang, escola de artes marciais e deportes de contacto Fene- Ferrol. Haberá iniciación ás artes marciais e deportes de contacto, xogos  deportivos, inglés, manualidades, habilidades circenses e xogos tradicionais. O campus de verán do club Kang realizarase nas instalacións do CPS de San Valentín.

Prolongarase de luns a venres os meses de xullo e agosto de nove da mañá a dúas e cuarto da tarde. Enfocado á rapazada de catro a once anos. O club Kang, con sede no ximnasio Fitness Fene, conta con máis de 100 practicantes en Fene e 50 en Betanzos, segundo salienta o presidente da entidade Manuel Seijas. Máis información no 630492202 ou no correo artesmarcialesferrol@gmail.com 

Deportes

Publica o teu comentario agora