A can fraco…

A can fraco…
18 de Marzo, 2026 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A guerra no Oriente Medio ten consecuencias de todo tipo. Algunhas inesperadas. Por exemplo, o equipo de fútbol feminino do Cultural Maniños ve reducidos os seus efectivos pola ausencia de Cris e Carolina. Estas dúas xogadoras permanecen embarcadas na fragata Cristóbal Colón que foi desprazada a Chipre. 

ESCOITA O PODCAST:

Cun plantel de once xogadoras, porque tamén hai lesionadas de longa duración, o Maniños perdeu na casa o domingo contra o Dumbría. 0-3, o último un gol en propia meta. “Elas foron dominadoras, nós chegamos pouco á área e non tiñamos ningún troco”, explicou o adestrador do Maniños, Xurxo Rodríguez. E o Dumbría conta cunha xogadora experta en marcar desde moi lonxe, xa se distinguira no partido de ida e volveuno facer o domingo no Pote onde “ desde lonxe marcou o primeiro gol cun tiro desde 20-30 metros pegado ao pau”. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora