Canal xestionará coa Xunta a modificación do trazado de conexión da A-57 con Peinador

Canal xestionará coa Xunta a modificación do trazado de conexión da A-57 con Peinador

03 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A voceira do PP en Redondela Francisca Canal comprométese a xestionar co novo goberno da Xunta a modificación do trazado da conexión da A-57 co aeroporto de Peinador.

A edil popular asegura que o seu partido cumprirá as promesas feitas durante a campaña electoral. Unha desas promesas fora cos veciños de O Viso, unha das parroquias redondeláns máis afectadas p

Dende o PP sempre se apostou por conectar a futura autovía con Peinador a través dun traxecto alternativo que partiría dende Pazos de Borbén e discurriría polos Valos ata concluir en Peinador. Canal entende que agora queFeijoo vai ser o presidente da Xunta o seu partido está en condicións de cumprir ese compromiso.

 

Toma de posesión

 

Por outra banda, Francisca Canal tomará posesión mañá como deputada na Deputación Provincial de Pontevedra no Pleno que se celebrará ás 11.00 horas. Deste xeito, Francisca Canal pasará a formar parte do Goberno da Deputación en substitución de Corina Porro que dimitira para formar parte das listas electorais do Partido Popular nas eleccións autonómicas.

Francisca Canal é diplomada universitaria en Enfermería e actualmente, traballa como directora do Centro Sociocomunitario de Redondela.

No eido político, Francisca Canal é a presidenta do Partido Popular en Redondela dende o congreso local de xuño de 2006 e voceira do grupo municipal. Ademais, no período 2004-2007 formou parte do Goberno da Deputación.

Sociedade