A canción é unha necesidade vital

A canción é unha necesidade vital
20 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

O grupo Fuxan os Ventos comezou nas festas das San Lucas de Mondoñedo en 1972 impulsado polo crego Xesús Mato. Unha exposición recolle fotografías, instrumentos musicais, recortes de prensa, documentos do grupo ou reproducións sonoras de pezas. Pode visitarse na sede de Afundación en Santiago de Compostela

Exposición sobre os 50 anos de Fuxan os ventos

En Ferrolterra Fuxan os Ventos actuou moito, segundo lembra Tereixa Novo. O grupo rompeu moldes e abriu espazos para a lingua e a nosa identidade, a nosa memoria colectiva. Na contracapa do seu primeiro disco afirman que "cando a canción é unha necesidade vital, unha expresión máis do xeito de vivir cotidián, cando a canción significa compartir mágoas,ledicias, traballo, loita ... Cando unha comunidade sinte todo isto, estamos diante dun produto cultural dun pobo".

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora