Cando o inimigo somos nós

Aprender a quererse
03 de Agosto, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Cambiache moito o día segundo sexa a nosa conversa interna, que parte da crenza que temos sobre nós mesmos”, asegura a traballadora social, experta en igualdade Paula Paz. Con ela tratamos hoxe sobre autoconfianza e autoestima. E o seu contrario, a autoinvalidación.

ESCOITA O PODCAST:

“Non ser o noso inimigo, darlle valor ao que facemos e non confrontar con ningún ideal. A vida perfecta non existe”, reflexiona Paula. Para avanzar, unha idea que nos propón é probar a facer cousas soa. Son pequenos retos que, unha vez superados, melloran a autoconfianza, como facer cousas soa, para aprender a querernos un pouco máis. Desde tomar un café ata viaxar, como fixo Paula que viaxou soa na súa moto por Portugal e por España.

“Un dos maiores regalos que lle podes facer a un fillo ou filla é axudalo a construir unha boa autoestima, un bo concepto de si mesmo”, apunta. Pero sen caer na tentación de poñelos nun pedestal. Levarnos ben con nós mesmos. Ser realistas. Ver as nosas potencialidades e tamén o que debemos mellorar evitan moito sufrimento.

Sociedade

Publica o teu comentario agora