Cando os xoguetes viñan de Maniños

Cando os xoguetes viñan de Maniños

20 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Moitos dos xoguetes que mercaremos nas vindeiras festas do Nadal proceden de China. Alí os salarios baixos e as prolongadas xornadas de traballo permiten obter un producto final cun prezo moi competitivo. Pero, non sempre foi así. Os máis maiores ainda lembran cando os xoguetes se fabricaban en Maniños. Nesta parróquia de Fene funcionou durante boa parte do século XX un establecemento que fabricaba e abastecía de enredos para os máis pequenos de boa pa

En 1925 Antonio e Manuel Otero Vila fundan a empresa “Industrias Otero” e construien as súas naves no lugar da Armada en Maniños (Fene A Coruña). Ao pouco tempo os irmáns sepáranse e Antonio adicaráse fundamentalmente á fabricación e venda de mobles dende unhas naves ubicadas ao pé da estación de ferrocarril de Franza. Manuel Otero centrará a súa actividade na fabricación e venda de xoguetes dende o establecemento ubicado na estrada da Armada. Picañóns, caixas para a cervexa, carrocerías de camións, fouces, muletas foron outros productos que ocasionalmente sairon da fábrica de Maniños. Na guerra de 1936 Valencia deixou de producir xoguetes, e Manuel Otero aproveitou a ocasión, segundo explicou a RADIOFUSION o encargado da fábrica de xoguetes Jose Pena. Unha nave de 3.000 metros cadrados con duas plantas albergaba as diferentes seccións productivas. No baixo ubicábase a sección de carpintería e ensamblado das pezas e na planta superior as de pintura e embalaxe. O plantel de Industrias Otero chega a alcanzar ás 80 persoas, moitas delas mulleres. A producción da fábrica de xoguetes colocábase en toda Galiza, pero tamén noutras cidades da península como Sevilla, Barcelona, etcétera. As pezas producidas eran moi variadas, todas elas en madeira. Primeiro foron as “ronchas”, logo camións, cociñas, triciclos, patíns, costureiros, cabalos, cabás ou maletíns para a escola, ... Arredor dos anos 60, a competencia da industria xogueteira con producción en serie, obrigou á reconversión da fábrica. Industrias Otero segue producindo xoguete e outros productos novos, pero pásase da madeira aos metalizados. Faise en aluminio cromado, todo tipo de moble infantil, corraliños, berces, cadeiras de comer para bebés, triciclos, ... A fábrica de xoguetes de Maniños deixou de funcionar por completo nos primeiros anos 90.

Sociedade