ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Igual que algunhas persoas, os cans poden sufrir déficit de atención e hiperactividade. Un trastorno no que é especialista Ángela González Martínez, doutora en Veterinaria, diplomada europea en Medicina do Comportamento, encargada do servizo de Etoloxía do Hospital Veterinario Rof Codina de Lugo. “Investigadora punteira a nivel mundial”, segundo a definiu Noemí Graña, que falou en Radio Fene
“Unha constelación de síntomas” poden avisar de que o can sufre o trastorno. Os síntomas poden ser variados e o animal non ten por que telos todos. Non paran quietos. Dormen pouco. Xogando poden morder facendo dano. Moita impulsividade. Máis difíciles de adestrar. “Moitas veces terminan cursando con comportamentos agresivos”, explicou a especialista. Unha doenza que se pode tratar. “O mellor acudir ao veterinario etólogo e ter paciencia”. Angela González sinala que “os tratamentos de medicina do comportamento son longos, mínimo oito meses ou un ano, pero é conseguir calidade de vida para o can e para o titor ou titora”.
Publica o teu comentario agora