ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O primeiro Mushing Lago de As Pontes celébrase este domingo cinco de novembro. O club Lobos de Naraio organiza esta proba dun deporte de inverno que conta con crecente tirón en Galicia. O cans de raza kamutik ou husky tiran un trineo por unha superficie de neve ou tamén tirando karts sobre rodas na modalidade de terra.
O mushing é un deporte que se caracteriza polo uso de cans de tiro para desprazarse, ten varias modalidades e tres de elas desenvolvesen nesta proba oficial; Patin, Bikejoring e Canicross.
O evento está encadrado dentro da liga Galega de Mushing na súa tempada 2017-2018 e correspóndese coa 3ª proba do calendario. Terá lugar o día de 5 de novembro de 2017 no Concello das Pontes de García Rodríguez. O circuíto localízase nas inmediacións do Lago das Pontes, xusto nos arredores do núcleo urbano e á saída da autovía, tendo como saída e chegada a zona da praia fluvial e percorrendo unha parte da marxe do lago.
O circuíto da proba consta dunha distancia de 3.800 metros para a proba federada e 2.200 metros para a proba popular, cun firme adecuado para o desenvolvemento de todas as disciplinas de mushing; transcorrendo todos eles entre zonas de herba e pistas de terra compostas de pedra fina compactada, que se corresponde aos camiños abertos ao redor do lago para que os viandantes realicen paseos nesta atractiva contorna.
No evento terán lugar as probas de Patin, Bikejoring, Canicross federados que darán a saída ás 10:00 da mañá e cun percorrido de 3,8 kms.
Ao finalizar a proba federada celebrarase unha proba popular de canicross, para que todas aquelas persoas que queiran iniciarse neste deporte, poidan ter unha primeira toma de contacto, será unha distancia de 2,2 kms.
As dúas probas desenvolveránse de acordo coas especifcaciones sobre as categorías da normativa da FGDI a este respecto. Participarán corredores de toda a comarca tanto na proba masculina como na feminina cunha traxectoria avalada por uns 6 anos de competicións en probas oficiais e populares. Corredores de Fene, Narón, Ferrol e San Sadurniño competirán nesta proba así como corredores de toda Galicia. A proba está organizada polo Club Lobos de Naraío e colaboran Club de montaña O Caxado, Concello das Pontes de García Rodríguez e Nexo, centros veterinarios das Pontes.