Cans e alimentación

Cans e alimentación
26 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non darlle comida entre horas e estimulalo facéndolle a súa comida máis divertida. Consellos da veterinaria etóloga Noemí Graña para evitar que o can queira a nosa comida e non a súa. 

ESCOITA O PODCAST:

“O primeiro é evitar darlle na mesa, hai unha forma de facelo, poñerlle a súa comida en xoguetes, e mentres nós comemos levalo a outro sitio”. Noemí aconsella que os cans fagan dúas comidas. “Recomendo dúas, unha soa non, é perigoso á hora das torsións gástricas en cans grandes, dúas veces soe ser suficiente”. A alimentación depende da raza de can e doutros aspectos como a súa idade. Advirte de que os pensos deben ser de calidade, que non conteñan subprodutos e si cereais. E nunca dar comida crúa. É preciso cociñala para evitar riscos de saúde á familia.

Noemí Graña atende cada quince días as consultas da audiencia de Radio Fene. Poden trasladarllas a través das nosas redes sociais (Facebook, X, Instagram e Youtube), por whatsapp 659 193 663, por correo electrónico noticias@radiofusion.eu, e tamén no teléfono fixo 981 49 27 73.

Sociedade

Publica o teu comentario agora