ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Aos cans non lles gusta que lles fagan a pedicura e os gatos disimulan enfermidades por supervivencia. Contouno esta semana en Radio Animal a veterinaria etóloga Noemí Graña.

Cortarlle as unllas a un can pode ser algo complicado, pero e necesario. “Non lles gusta moito e algunha vez podemos marcar ao animal, sobre todo se teñen as unllas negras ás veces cortamos de máis”. Aínda así, a veterinaria etóloga Noemí Graña di que “é algo que hai que facer si ou si, a frecuencia depende do can, da rapidez coa que lle medran as unllas e de por onde camiñan, porque se van por lugares, como cemento, onde se pulen as unllas vanse rebaixando”. “Hai que acostumalos cando son pequenos habitualos coa tesoira”, recomenda Noemí.
Sobre os gatos advertiu a especialista que “non mostran signos de enfermidade ata que están moi mal”. Iso débese a que “son depredadores pero tamén son presas. Mostrar signos de debilidade pode conlevar a morte”. “Son animais de vida solitaria, non teñen comportamentos cooperativos de grupo”, engadiu. A razón de que os gatos pasen moito tempo durmindo, ata 20 das 24 horas, e porque son animais cazadores e gastan moita enerxía, explicou Noemí. “Tenden a durmir máis coa idade e tamén pode ser que estean enfermos”, avisou.
Publica o teu comentario agora