ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Precisan da compañía das persoas igual que respirar, comer ou beber”. Fala das necesidades dos cans a veterinaria etóloga Noemí Graña. Isto é así porque “son animais sociais e sociables”, explicou en Radio Animal.

O lugar no que viven condiciona o comportamento dos cans. “Os que están fóra teñen máis problemas de comportamento que os que viven dentro da casa e menos aínda os que comparten espazo pola noite cos seus titores”, explicou a especialista en comportamento animal. Noemí tamén falou esta semana en Radio Fene da alimentación dos gatos. “Teñen que ter a comida a libre disposición, os gatos comen aproximadamente entre quince e trinta pezas pequenas ao día, ter a comida restrinxida é un foco de estres para eles”, advertiu. Esta fin de semana Noemí Graña participará na feira de animais de familia Pata Pata, que se celebra en Expo Coruña. O venres da semana pasada asistiu a unha charla da CEMMA sobre os cetáceos en Galicia e recomenda vivamente visitar a exposición sobre a Caza de Baleas instalada no Museo Mares de Cedeira.
Publica o teu comentario agora