Cans máis lonxevos

Cans máis lonxevos
11 de Xaneiro, 2026 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

“A esperanza de vida dos cans mellorou moitísimo”, indicou en Radio Fene a veterinaria etóloga Noemí Graña. Iso si, os cans de razas grandes viven menos que os das pequenas.

ESCOITA O PODCAST:

"Deuse un xiro de 180º na última década na alimentación e os coidados, a medicina veterinaria avanzou moitísimo e iso fai que sexan máis lonxevos”. A especialista falou tamén de canto e como deben pasear os cans. “Non hai algo estandarizado, depende de que can temos, en resumo mínimo de 3-4 veces ao día, media hora polo menos e levalos todas as veces posible pola praia ou o monte e aí algo máis de tempo”.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora