ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cantaban e tocaban porque, como a todas as rapazas e rapaces, gustáballes cantar, bailar e divertirse, esquecerse do traballo, estar coas súas amizades e, talvez, buscar parella. E iso eran as foliadas: festas dun tempo onde se querías música, tiñas que facela.

Naquela época, sendo mozas, xa había bailes e festas con bandas “profesionais”. A partir dos anos corenta comezan a aparecer grupos de gaiteiros, charangas e pequenas orquestras que ían por vilas e aldeas os días de festa. Pero elas percibían de forma moi diferente esas actuacións das troulas nas que participaban cantando e tocando. No seu había espontaneidade, non se ensaiaba, botábase a peza que viñese á memoria. Finalizamos polo momento un camiño que terá continuidade.
Na imaxe, Xulia Feixoo, autora do libro sobre a cantareira Concha do Canizo.
Segundo episodio do podcast "As mulleres transmitiron o saber. Cantares e cantareiras", unha produción de Emisoras Municipais Galegas coa colaboración da Deputación da Coruña
Publica o teu comentario agora